• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo
Acreditacións Grupo Faro

Acreditacións

Empresa acreditada

Referente seguro no sector

FARO Facility Services ten como misión satisfacer as necesidades dos seus clientes, con solucións innovadoras e creativas, sempre respectando o medio ambiente e cumprindo as exixencias legais, como parte do noso compromiso coas Administracións Públicas e a sociedade en xeral.

NON ASUMA RISCOS INNECESARIOS, ao contratar a calquera empresa de servizos, o cliente é responsable subsidiario do que poida suceder nas súas instalacións PIDA: TC2 do persoal, certificación para contratistas e subcontratistas, póliza de responsabilidade civil e póliza de seguros de accidentes colectivos.

A nosa empresa ten contratados os servizos de Prevención de riscos Laborais con UNIPRESALUD.

Dispoñemos de Seguro de Responsabilidade Civil con capital de 3.000.000 € con AXA Seguros.

Dispoñemos de Seguro de Colectivo de Accidentes coa compañía ALLIANZ.

Certificacións

Certificacion ISO 9001

Certificación UNE-EN ISO 9001:2008

O 04 de mayo do ano 2012 FARO Facility Services convértese nunha empresa de limpeza certificada en ISO 9001:2008 Sistemas de Xestión de Calidade. Este sistema de xestión abarca todas as actividades relacionadas coa xestión administrativa e a prestación de servizos de limpeza e mantemento, incorporando boas prácticas do sector e procedementos propios da organización.

Ver Certificado UNE-EN ISO 9001:2008


Certificacion UNE-EN ISO 14001

Certificación UNE-EN ISO 14001:2004

Cumprindo co noso compromiso central coa xestión ambiental, así como coas exixencias ambientais impostas pola Administración, FARO Facility Services é unha empresa certificada na implantación dun Sistema de Xestión Ambiental coa norma UNE-EN ISO 14001.


Este sistema certifica que FARO Facility Services protexe o medio ambiente cumprindo compromisos ambientais para reducir o impacto da nosa actividade, que implican actuacións como a recollida de residuos xerados, a redución de ditos residuos, redución da carga tóxica dos produtos empregados, o emprego de maquinaria e produtos respectuosos co medio ambiente e outras moitas medidas, que xunto a unha correcta formación do persoal, axúdannos a ser máis respectuosos co medio ambiente.

Ver Certificado UNE-EN ISO 14001:2004


Certificacion OHSAS 18001

Certificación OHSAS 18001:2007

Cumprimos reforzando as accións que contemplan o cumprimento das normas de seguridade contidas nos procedementos de traballo seguro, a identificación de riscos, a formación e a prevención de riscos laborais.

Este sistema de xestión garante que a empresa vela pola seguridade e saúde dos seus traballadores, a prevención de riscos laborais, e está organizado polos servizos de prevención propios e alleos, con actuacións formativas, elaboración de protocolos e procedementos, etc.

Ver Certificado OHSAS 18001:2007

Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, nº 960

Rexistro de Empresas Acreditadas Sector da Construción, (REA) nº 11/36/0013281

Rexistro Oficial de Licitadores e empresas Clasificadas do Estado (ROLECE)

Prevención de Riscos Laborais

En FARO Facility Services posuímos o Certificado OHSAS 18001 de Prevención de Riesgos Laborales.

Isto significa que en FFS a Prevención de Riscos Laborais está presente no noso día a día. O mantemento da Seguridade, fundamental no noso sector, require dun esforzo constante, e así o trasladamos a todas as persoas da nosa organización, conseguindo a involucración de todos.

Os nosos obxectivos por un lado son:

  • A formación contínua do noso persoal, concienciándoos da importancia da Seguridade en cada posto e cada centro de traballo.
  • Ofrecer o noso compromiso a os nosos clientes no cumprimento de toda a normativa.

Para cada cliente realizamos as seguintes actuacións en materia de prevención:

  • Avaliación de riscos laborais de cada posto en cada centro onde realizamos o servizo.
  • Formación e información de todos os riscos detectados a cada traballador sobre o seu posto de traballo.
  • Vixilancia da saúde do noso persoal.
  • Entrega de todos os Epi's necesarios a cada traballador, en perfecto estado e adecuados para cada posto.
  • Controles específicos de riscos hixiénicos, ergonómicos e psicosociais..
  • Seguimento das tarefas en cada centro de traballo, co obxectivo de asegurar o cumprimento dos procedementos que sexan establecidos.
  • Coñecer todos os procedementos e normativa interna de cada cliente en materia de prevención.
   Solicita presuposto
   902 172 072
Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter
Síguenos en Linkedin