• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo
Grupo Faro Vantaxes Socio en Servicios

Todo vantaxes

Por que contratarnos

Vantaxes de contratar FARO Facility Services

A nosa larga experiencia permítenos identificar os elementos de servizo que máis aprecian os nosos clientes, aos que dedicamos todo o noso empeño para asegurar a súa plena satisfacción.

MÁIS DE 40 ANOS SATISFACENDO AS NECESIDADES DOS NOSOS CLIENTES

A carta de identidade do noso grupo dentro do ámbito da prestación de servizos a particulares, empresas e institucións públicas resúmense en máis de 50 clientes do sector público e máis de 1.500 clientes de todos os sectores no ámbito privado.

A nosa longa experiencia permítenos identificar os elementos de servizo que máis aprecian os nosos clientes, aos que dedicamos todo o noso empeño para asegurar a súa plena satisfacción, que sen ser exhaustivos cremos que son:

ATENCIÓN INMEDIATA

En cada delegación dispoñemos dos equipos móbiles de resposta inmediata (máx. 1 h.) dotados de medios e experiencia para atender todo tipo de imprevistos relacionados co servizo que poidan afectar á normal actividade do cliente, como poden ser os efectos causados por vandalismo, incendio, inundación, temporal, etc.

ESCRUPULOSO RESPECTO AMBIENTAL DOS PRODUTOS DE LIMPEZA

Xa que na súa totalidade se avalan polo cumprimento estrito dos criterios ambientais máis estritos e a totalidade de envases estarán totalmente libres de plásticos haloxenados. Todos os nosos produtos teñen certificado ECOLABEL.

FORMACIÓN PREVIA E CONTÍNUA

Formación constante de todo o persoal de limpeza, cuxo custo e demais obrigacións recaerán totalmente en FARO Facility Services, prestando especial atención á formación relativa a aspectos tales como protección ambiental e xestión de residuos e á seguridade e saúde laboral.

ORGANIZACIÓN A MEDIDA

Das necesidades reais do centro, adecuando a estruturación do servizo á situación actual do mesmo, e posibilitando as futuras variacións de horarios ou quendas que requiran as mesmas necesidades, permanentes ou puntuais de cada centro.

SEGUIMENTO ACTIVO DO ABSENTISMO

Utilizando medios propios e contratados co fin de minimizar a súa incidencia no servizo.

COMPROMISO DE RESTAURACIÓN

De danos ou roturas que puideran derivarse do servizo de limpeza proposto, e garantía de reposición de danos ocasionados mediante seguro de R.C.

DISPOÑIBILIDADE DE PERSOAL

Correctamente formado para suplencias motivadas por baixas, vacacións, ou calquera outro imprevisto que poida xurdir.

COMUNICACIÓN PERMANENTE

Co cliente. Comunicación fluída e inmediata entre o RESPONSABLE DO CENTRO e FARO Facility Services, para planificar a súa organización e desenvolvemento, de maneira que poida achegarnos os comentarios e observacións que estime necesarios, así como as incidencias que poidan xurdir, as 24 horas do día durante todo o ano.

AVALIACIÓN CONTINUA E ALEATORIA DO SERVIZO

Mediante supervisións periódicas que realizaranse directamente polo noso SUPERVISOR DE ZONA – RESPONSABLE DE ÁREA TÉCNICA. Levaranse a cabo controis semanais do noso persoal en todos os ámbitos, como calidade do servizo, controis de presencia, etc.

CALIDADE

Todos os nosos servizos están pensados para trasladar ao cliente a mellor calidade-prezo.

   Solicita presuposto
   902 172 072
Séguenos en Facebook
Séguenos en Twitter
Séguenos en Google+
Séguenos en Linkedin