• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo
Faro Facility Services

Grupo Faro

O teu socio en servizos

O Servizo De Particulares E Empresas Dende Os Anos 70.

O grupo de Empresas FARO, con capital e estrutura netamente galega, nace hai máis de 40 anos coa vocación de cubrir unha demanda incipiente nunha sociedade en pleno desenvolvemento que precisaba profesionalizar e externalizar servizos que ata aquel momento sempre formaran parte da propia estrutura da empresa, como: limpeza, mantemento, xardinería, vixilancia, recepción, etc. Dende os seus inicios os nosos servizos baséanse en altos estándares de calidade e de satisfacción dos usuarios.

Considerámonos unha central de servizos xerais para empresas, entidades públicas e particulares, coñecido hoxe en día como FACILITY SERVICES. O Noso grupo está formado na actualidade por cinco sociedades:

Limpiezas Faro, S.L. FARO Facility Services Obxecto social: servizos de limpeza xerais, particularmente especializada en centros hospitalarios, centros de manipulación de alimentos, grandes centros administrativos, limpeza industrial e sanitaria tecnificada, mantemento de instalacións, axardinamentos, limpeza urbana, limpezas portuarias, desratización, desinsectación, desinfección, subministro de consumibles etc.

Faro Noroeste, S.L. FARO Facility Services Obxecto social: limpeza doméstica, limpezas particulares, limpeza de pequenos locais, limpeza de comunidades de veciños, limpeza de fachadas e edificios, limpezas de oficinas e almacéns, limpeza de teitos desmontables, limpeza de canalizacións de aire e de torres de refrixeración, etc.

Weeburn S.L. Obxecto social: Enxeñería ambiental en xeral, proxecto e construción de vías e obras. Xestión e mantemento de instalacións e inmobles, incluíndo instalacións enerxéticas e ambientais.

FARO Facility Services UNIPESSOAL LDA. Obxecto social: servizos de limpeza xerais, particularmente especializada en centros hospitalarios, centros de manipulación de alimentos, grandes centros administrativos, limpeza industrial e sanitaria tecnificada, mantemento de instalacións, axardinamentos, limpeza urbana, limpezas portuarias, desratización, desinsectación, desinfección, subministro de consumibles etc.

FARO Facility Services, é a marca da compañía que integra todos os servizos de Limpiezas Faro S.l. e Faro Noroeste S .L., co fin de adaptarse á evolución da demanda dos seus clientes e poidan centrar os seus esforzos nas súas actividades.

A través deste cambio, FARO Facility Services pretende evolucionar co mercado ofrecendo un servizo integral para os seus clientes, unha empresa multiservizo coa limpeza como eixe principal e ampliando a nosa oferta para uns clientes cada vez máis exixentes.

COIDAMOS O SEU ENTORNO

Un entorno limpo e coidado dentro dun ambiente saudable son os requisitos previos para un lugar de traballo funcional, base do benestar e a produtividade dos empregados.

FARO Facility Services ten como misión satisfacer as necesidades dos seus clientes, con solucións innovadoras e creativas para o que conta con equipos profesionais completamente implicados na consecución dos nosos obxectivos. A nosa xestión basease na honestidade e humildade no traballo.

O SEU SOCIO EN SERVIZOS

FARO Facility Services comprométese co seu persoal e os seus clientes, cos que se relaciona cun sentimento de confianza, creación de valor engadido, calidade de vida e a protección do medio ambiente. A calidade e o rigor técnico dos nosos servizos son sinal da nosa identidade.

FARO Facility Services ofrece os seus servizos de limpeza e xerais en todos os sectores empresariais e para todo tipo de clientes tanto particulares, como empresas e institucións públicas, duhna forma cercana, rápida e eficiente. A calidade e o servizo dunha empresa galega á altura dos máis grandes estándares de calidade internacionais, e todo por un prezo realmente competitivo, ¿por qué pagar máis?

FARO Facility Services dende as súas DELEGACIÓN GALICIAs en Vigo, Santiago e A Coruña, pretende chegar a todos os rincóns de Galicia e Portugal para ofrecer os nosos servizos de limpeza e mantemento profesionais pero dicíndolle aos nosos clientes potenciais que o facemos coa responsabilidade da experiencia adquirida, do manexo da maquinaria máis moderna e da innovación.

Os nosos servizos baséanse na calidade e rigor técnico, no compromiso co noso persoal e os nosos clientes e todo elo concienciados na protección do medio ambiente utilizando no noso traballo produtos ecolóxicos.

Alianza Ibérica

FARO Facility Services presta os seus servizos en toda España e Portugal, a través da alianza : IBERICA DE SERVIZOS INTEGRAIS, co obxectivo de cubrir as necesidades dos nosos clientes en toda a Península Ibérica.

Unha alianza onde cada unha das empresas somos líderes na nosa zona de cobertura, cun recoñecemento e prestixio no sector consolidado por décadas de experiencia e que traballamos cos mesmos criterios e parámetros de traballo.

FARO Facility Services conta cun equipo de máis de 600 profesionais o seu servizo, estamos preparados para ofrecer todo tipo de servizos de limpeza en toda Galicia e Portugal, garantindo un entorno limpo e confortable. A ampla experiencia, cualificación e profesionalidade do noso persoal acreditan a máxima calidade nos servizos prestados, sexa cal sexa o grao de especialización.

O noso compromiso é poñer o seu servizo un grupo de profesionais de gran de experiencia e seriedade, implicándose en todo momento para ofrecer os nosos clientes a máxima calidade.

Grupo Faro

Ademais da plantilla ordinaria e a de substitución para períodos vacacionais, situacións de baixas de enfermidade, accidente, permisos retribuídos, non retribuídos, etc., se nalgún momento fose preciso, para atender calquera urxencia, inundacións, incendios, roturas ou calquera outra situación de emerxencia, poñemos a disposición dos centros, unha plantilla adestrada para este tipo de situacións e perfectamente equipada coa maquinaria e útiles que se adoitan precisar tales como: bombas de achique, aspiradores industriais, etc. ademais dun parque móbil de vehículos industriais en perfectas condicións.

Este equipo comunícase continuamente coa nosa Central e as nosas DELEGACIÓN GALICIAs, e cos responsables dos centros.

Coa experiencia adquirida ao longo dos últimos anos, creamos un equipo idóneo para situacións imprevistas que requiran dispoñibilidade inmediata e mobilidade total.

Todo o persoal está dirixido e supervisado por un Coordinador-Supervisor que participa dende hai moitos anos neste tipo de servizos.

Este servizo complementario garántese activo 24 horas ao día, os 7 días da semana e nos prazos de resposta sinalados no mapa de ASISTENCIA.

ASISTENCIA

Tempo e capacidade de resposta dos equipos móbiles para emerxencias.

Asistencia en Galicia

O MEDIO AMBIENTE IMPORTA

FARO Facility Services, comprométese na protección do medio ambiente utilizando produtos ecolóxicos e un adecuado uso de produtos químicos conseguindo unha limpeza impecable e un alto grao de hixiene.

Para o servizo poñemos a disposición do cliente os medios materiais máis adecuados para garantir un servizo de limpeza e desinfección eficaz, ecoeficiente, e socialmente responsable. Para o que aplicaremos os criterios xerais seguintes:

  • Todos os envases estarán libres de plásticos haloxenados e terán orixe en plástico reciclado.
  • Todos os provedores estarán certificados nas normas ISO 14001 e 9001.
  • Todos os produtos de limpeza e de hixiene terán a calificación ECOLABEL da Unión Europea, e os artigos de hixiene serán de celulosa 100% reciclada.
  • Todas as bolsas serán de plástico reciclado e no conterán plásticos haloxenados.
  • Todos os equipos e medios técnicos terán un baixo nivel de rumorosidade e de emisións de C02, así como un baixo consumo de auga e enerxía.

ecolabel. Ecoetiqueta Europea

Ecoetiqueta Europea (Ecolabel): Produtos de limpeza de uso xeral e os produtos de limpeza de cociñas e baños.

Actualmente dispoñemos do Sistema de Xestión de Calidade Certificado UNE EN ISO 9001:2008 no que se engloban todos os nosos Centros, cuxo servizo de limpeza audítase anualmente por Auditora Certificada allea á empresa, e comprométese a seguir facéndoo durante a vixencia do contrato de servizo obxecto desta oferta.

O noso Manual de Calidade, avalado pola Entidade Certificadora, engloba o sistema de xestión documental de aseguramento e xestión da calidade cun desenvolvemento deseñado especificamente para Centros con diversas áreas, tipoloxía e periodicidade de limpeza.

FARO Facility Services posúe, tamén, o Sistema de Xestión Medioambiental Certificado UNE EN ISO 14001:2004 e o Sistema de Xestión da Saúde e Seguridade no Traballo Certificado OSHAS 18001 nas que se inclúen a certificación e auditoría anual do servizo.

O ERP (Enterprise ResourcePlaning), o programa de xestión de recursos da empresa, dispón dun módulo específico de xestión da calidade adaptado para dar resposta aos requisitos impostos polas normas UNE EN ISO 9001:2008, UNE EN ISO 14001:2004, e OSHAS 18001: 2007.

   Solicita presuposto
   902 172 072
Séguenos en Facebook
Séguenos en Twitter
Séguenos en Google+
Séguenos en Linkedin