• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo
Formacion cursos empregados

Formación

Escola de formación

Mellorando día tras día

Compromiso

En FARO Facility Services consideramos de vital importancia a adecuada formación dos profesionais que coidan da saúde dos nosos edificios.

Actualmente, xa ninguén pensa nas formas de limpeza de antano, que consistían basicamente en apartar e eliminar a sucidade superficialmente. Hoxe existe unha grande concienciación tanto pública como a nivel privado respecto á importancia que xoga a limpeza baseada en técnicas e tecnoloxías adecuadas tanto para a saúde pública como para o noso entorno.

Desenvolvemos un plan de formación específico e continuo para o persoal que poñemos a disposición do centro con horas a cargo da empresa e con programación semestral. Os diversos cursos que se imparten, réxense en función do plan de formación individual de cada traballador, tanto en saúde no traballo, riscos laborais, tecnoloxía, técnicas de limpeza, etc.

Por isto, ademais de priorizar na formación do persoal da nosa plantilla, ofrecemos cursos de formación ao persoal de clientes que veñen realizando o servizo de limpeza coa súa propia plantilla, colaborando tamén na organización de cursos para Sindicatos, Concellos, ONGs ou outros organismos.

 

Formación para empregados
   Solicita presuposto
   902 172 072
Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter
Síguenos en Linkedin