• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo

Política RRHH

RR HH

Política de Recursos Humanos

A Nosa Política Interna

Política de RRHH

A nosa Política de Recursos Humanos baséase en conseguir a máxima implicación e motivación de todas as persoas que formamos FARO Facility Services.

Para o que, traballamos diariamente na formación e desenvolvemento de todo o equipo humano, a todos os niveis, potenciando todas as súas habilidades e actitudes, así como o traballo en equipo.

PLAN DE FORMACIÓN: Desenvolvemos un plan de formación específico e continuo para o persoal que poñemos a disposición do centro con horas a cargo da empresa e con programación semestral. Os diversos cursos que se imparten, réxense en función do plan de formación individual de cada traballador, tanto en saúde no traballo, riscos laborais,tecnoloxía, técnicas de limpeza, etc.

Inculcamos unha cultura preventiva integrada a toda a organización, asegurando así a seguridade e saúde no traballo, tan importante no noso sector.

PLAN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. Esta empresa ten integrada a Prevención de Riscos no sistema xeral de xestión da empresa, tanto no conxunto das súas actividades como en todos os niveis xerárquicos da mesma, a través da implantación e aplicación dun plan de prevención de riscos laborais específico para cada centro de traballo.

O Plan de Prevención de Riscos Laborais constitúese co obxecto de establecer as pautas para garantir a seguridade e saúde dos nosos traballadores en todos os aspectos relacionados co seu posto e o seu centro de traballo.

Preocupámonos por conseguir conciliar a vida profesional e familiar do noso equipo.

PLAN DE IGUALDADE: No artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva entre mulleres e homes, establécese que as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, para o que e con esta finalidade, FARO Facility Services. se rexe por un Plan de Igualdade específico con medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que se negociaron e acordáronse cos representantes legais dos traballadores.

Fortalecendo así os nosos valores e cultura, que se basea nos principios.

  • Construir una relacion de CONFIANZA, dentro da empresa, do cliente, cos nosos provedores e o noso entorno.
  • CALIDADE, a través do mellor servizo. Para o que, día a día, esforzámonos en ter un maior coñecemento do mercado dos nosos clientes, dos nosos traballadores e en definitiva do noso entorno.
  • FLEXIBILIDADE, adaptándonos ás necesidades de cada cliente, sen deixar de lado as dos nosos traballadores.
  • RESPONSABILIDADE en todas as nosas accións e respecto cara as persoas do noso entorno.
  • VOCACIÓN DE SERVIZO, esta é a nosa actitude para conseguir un servizo excelente.
  • Queremos AS MELLORES PERSOAS para formar parte do noso proxecto e conseguir o éxito no día a día.

E o noso grande obxectivo, é que todo isto se traduza no mellor servizo, cos mellores traballadores.

   Solicita presuposto
   902 172 072
Séguenos en Facebook
Séguenos en Twitter
Séguenos en Google+
Séguenos en Linkedin