• Empresas de limpeza
  • Limpeza en galicia
  • Produtos de limpeza
  • Limpeza en santiago
  • Limpeza en vigo
empresa de limpeza santiago vigo ourense lugo pontevedra coruna

Limpeza xeral

Servizos de limpeza

Hixiene, Limpeza e desinfección

Atendemos as necesidades integrais dos nosos clientes no ámbito da limpeza, a hixiene e a desinfección, con independencia do tamaño ou tipoloxía do centro que se trate:

Limpeza puntual

Se o cliente o desexa pode incluír no seu contrato de mantemento calquera destas limpezas puntuais:

Limpeza de obra

Contamos cunha ampla experiencia no sector e unha sólida estrutura que nos permite actuar coa máxima eficacia ante calquera imprevisto ou urxencia. O noso nivel de actuación implica rápidas actuacións cun alto nivel de calidade final.

Limpeza de Grafitis e fachadas

A limpeza e posterior mantemento é unha necesidade real e imprescindible na actualidade, para moitas empresas, comunidades de veciños, organismos públicos, comercios, etc. Ofrecemos os nosos produtos e sistemas de limpeza con solucións probadas e seguras.

Tratamento de chans

A nosa empresa ofrécelles as técnicas máis avanzadas en pulido, cristalizado e abrillantado de todo tipo de chans. Contamos con profesionais técnicos de limpeza para realizar os tratamentos de pavimentos que requiran e o asesoramento correcto para elixir o sistema máis adecuado para as súas necesidades.

Teitos

A nosa empresa ofrécelles un sistema de limpeza e hixienización de teitos compatible coa maioría de materiais dos que están realizados. Ofrecémoslle a limpeza de teitos porosos, semi-porosos, metálicos, plásticos, de corcho, etc. Ademais, ofrecémoslle o servizo complementario de limpeza de luminarias e difusores, limpeza e hixienización dos condutos interiores de refrixeración e aire acondicionado.

Limpezas de cristais e en altura

Somos especialistas na limpeza de fachadas acristaladas e superficies formadas por cristais. Posuímos as últimas tecnoloxías en equipos de produción de auga pura mediante osmose inversa. Realizamos o servizo de limpeza de cristais altos de diferentes maneiras: mediante pértegas telescópicas, persoal escalador profesional, con medios elevadores específicos, etc.

Limpeza de naves

Servizo complementario de limpeza que se caracteriza pola limpeza puntual das partes altas de naves industriais, zonas de difícil acceso como: canos, vigas, condutos de aire, rexas de ventilación, puntos de luz, cabaletes, teitos, paredes verticais, claraboias, cristaleiras e ventanais..., ubicados a certa altura.

Limpeza de cociñas

Somos especialistas en zonas con graxas e de difícil limpeza, tanto a particulares como á hostelería.

Limpeza de Feiras e Congresos

Contamos con especialistas na limpeza de postos de feiras a nivel de estrutura e módulos. Ofrecémoslle servizo de preparación, de mantemento e de limpeza antes, durante e o finalizar a feira. Adaptámonos ás dimensións que teñan as feiras, e se é necesario realizamos os traballos durante días festivos e/ou horarios nocturnos. Dispoñemos da maquinaria necesaria para realizar cun nivel óptimo o servizo (máquinas lixadoras, máquinas barredoras, aspiradoras...), e facilitamos equipos grandes de limpeza para realizar o servizo no menor tempo posible.

Limpeza de textís e tapizados

Xunto co traballo dun grande equipo de profesionais do sector, ofrecémoslle ao cliente un servizo especializado de limpeza de todo tipo de mobles tapizados, moi adecuado para obter resultados excepcionais nun tempo mínimo.

Ozonización

Os malos olores ocasionan un problema frecuente en moitas dependencias e instalacións. Poden estar presentes tanto no ambiente como impregnado en todo tipo de superficies, a través da ozonización, obteña un aire puro, fresco e totalmente hixienizado.

O ozono reacciona coas substancias orgánicas inhibindo os malos olores e esteriliza o ambiente de posibles axentes patolóxicos. O finalizar o tratamento, o índice de molestia olfativa diminúe notablemente.

Limpeza de crioxénica

Limpeza sen necesidade de desarmar, os pellets de xeo seco alcanzan as zonas menos accesibles, e é respectuosa co medio ambiente xa que non se utiliza produtos químicos ou axentes abrasivos.

Limpeza de cristais / persianas

Dispoñemos dun grande equipo humano formado por especialistas, o equipo móbil, dous por cada delegación. Están formados por persoas cun alto nivel profesional e están especializadas na limpeza de cristais, persianas, rótulos, velas e marcos que coas frecuencias e datas previamente programadas realizan o plan de traballo de limpeza. Informámoslle os nosos clientes das tarefas realizadas e unha vez acabadas se lles pide a súa conformidade.

Fregado mecánico

A nosa empresa dispón da más moderna maquinaria para o fregado mecánico de chans en industrias e grandes naves, aparcadoiros ou garaxes que permiten economizar tempo e diñeiro.

Limpeza de edificios, de oficinas e locais comerciais

Pa limpeza de edificios e comercios ofrecémoslle: limpeza de obra, limpeza programada segundo as súas necesidades e de todo tipo de superficies acristaladas. Tratamientos específicos para moquetas, tapizados, chans... Ao realizar unha oferta de limpeza de mantemento de oficinas e comercios, contemplaremos aspectos como os horarios, ocupación, tipo de local, e sobre todo intentaremos que o servizo de limpeza afecte o mínimo á produtividade do noso cliente.

Limpezas de comunidades de propietarios e viviendas particulares

Para o servizo de limpeza en comunidades de veciños e a particulares dispoñemos dun sistema de traballo eficaz, de calidade e cunha metodoloxía na aplicación da limpeza profesional que adquirimos coa experiencia e a formación. Axustamos a nosa asistencia, sempre previo análise das características particulares de cada comunidade, no que determinamos a mellor periodicidade en función de varios factores, entregando un estudo e presuposto axustado sen ningún custo ou compromiso. Tamén nos adaptamos á demanda dos nosos clientes, tanto na asiduidade solicitada de asistencias, como incluso se é viable tras realizar o estudo, axustámonos ao presuposto que queiran destinar a esta partida.

Ademais, o noso persoal esta adoutrinado para detectar visualmente calquera anomalía na súa comunidade e de ser o caso cursaríamos un aviso ao administrador ou a persoa designada para arranxalo coa maioría celeridade posible, ascensores que non funcionan, lámpadas fundidas, fugas de auga, roturas, pechaduras fallidas e un sinfín de avarías que poidan ser detectadas durante o desenvolvemento do noso traballo de limpeza e mantemento nas súas instalacións.

Somos especialistas en limpeza de Comunidades, os nosos servizos engloban a limpeza de portais, zonas comúns e escaleiras. De igual forma ofrecémoslle outros servizos auxiliares que complementan o noso labor integral, tales como persoal de mantemento, conserxes, xardinería, limpeza de piscinas e de aparcadoiros.

Limpeza de colexios, escolas, instalacións deportivas e piscinas

Damos especial importancia en canto falamos da limpeza de centros escolares.

Unha boa hixiene é primordial a fin de ter a máxima tranquilidade dos pais e das nais. Evitamos calquera risco de propagación de enfermidades originadas por un mal estado de Limpeza del centro.

Adecuamos tamén a dotación de recursos de limpeza ás necesidades reais de cada momento; así, en épocas estivais adaptamos o número de persoal de limpeza á situación real do centro.

Confíe a limpeza e desinfección de centros docentes a FARO Facility Services e poderá estar tranquilo polo estado da limpeza das súas instalacións.

Limpeza de aparcadoiros e garaxes

Ofrecemos servizo de mantemento de limpeza de aparcadoiros segundo a súa necesidade, semanal, quincenal, mensual, ...

Contrate un programa de mantemento e disfrutará dunhas instalacións en perfecto estado: o noso servizo de mantemento inclúe: pavimentos e ramplas de acceso, aseos, despachos, cristais, escaleiras e ascensores, fregado mecánico de chans...

Limpeza de edificios administrativos institucionais

A Administración Pública tamén forma parte dos nosos clientes. A través de licitacións accedemos a realizar os servizos de limpeza mediante concursos públicos.

É para nós un motivo de orgullo manifestar que moitas institucións demostráronnos a súa confianza adxudicándonos a limpeza das súas instalacións.

Limpeza de oficinas de entidades financeiras

Xestión especializada en redes de oficinas bancarias, con protocolos para cada entidade. Dispoñemos de equipos de intervención rápida ante incidencias 24h/365 días ao ano. Un único interlocutor coa empresa para toda a rede de oficinas. Ofrecémoslles servizos de mantemento integral, preventivo e correctivo, segundo as necesidades dos nosos clientes.

Limpeza de hoteis, apartamentos e albergues

Prestamos un servizo especializado de limpeza, desinfección e acondicionamento de habitacións en hoteis, apartamentos e albergues. Somos conscientes da importancia que ten o noso traballo na sensación de benestar que terá o cliente na valoración da súa estanza. Por este motivo, o noso obxectivo é a entrega das instalacións nun perfecto estado de orde, limpeza e desinfección.

   Solicita presuposto
   902 172 072
Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter
Síguenos en Linkedin